1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O próximo sábado 16 de agosto celebrarase na Casa de Pedra de Camariñas o I CONCURSO AMATEUR DE BAILE DE SALÓN. A partires das 20:30 horas todos os inscritos nesta curiosa iniciativa do Concello de Camariñas poderán competir entre eles para ver quen sae victorioso. Para poder participar neste concurso os interesados poden poñerse en contacto cos seguintes números de teléfono: 602459515 / 654819409 ou na web:  www.camarinas.net

BASES 


PRIMEIRA.
Requisitos de participación. Os Campionatos de Baile están abertos a todos/as os afeccionados/as que cumpran os seguintes requisitos: 

- Os participantes deberán ter unha idade mínima de 16 anos.
- As inscricións realizaranse en parella mixta.
- Non poderán inscribirse aquelas persoas que se dediquen profesionalmente a esta actividade. Persoas que impartan ou impartiron no seu momento clases de baile en calquera das modalidades de baile obxecto do Concurso, nin parellas que compitan ou competiron a nivel nacional ou internacional. 

SEGUNDA.
Inscrición. Para inscribirse será obrigatorio que os dous membros da parella presenten a folla de inscrición asinada, facilitando os seus datos persoais, así como fotocopia do DNI, comprometéndose a cumprir as bases do Concurso e a cesión dos dereitos de imaxe. 

O Concurso non se realizará se non hai un mínimo de 20 parellas  inscritas. 

TERCEIRA.
Cota de inscrición. Será de 15€ por parella que se farán efectivos no mesmo local ao facer a inscrición definitiva. 

CUARTA.
Período de inscrición e lugar de presentación. A inscrición poderá descargarse desde a data de publicación das presentes bases na web institucional do Concello de Camariñas (www.camarinas.net) ata o 14 de agosto de 2014  incluído.
A solicitude de inscrición poderá presentarse por correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.),  por correo postal [( I Concurso Amateur de Baile de Salón, Servizo de Cultura do Concello de Camariñas, Praza da Insuela, 57- CP: 15123, Camariñas (A Coruña)] ou no Rexistro Xeral do Concello de Camariñas. 

QUINTA.
Modalidades de baile. O concurso divídese en dúas modalidades 

Baile de Salón Estándar: bailaranse os seguintes ritmos:
Tango
Valse Vienés
Rock and roll
Swing 

Baile de Salón Latino: bailaranse os seguintes ritmos
Salsa.
Chachacha
Merengue
Bachata   

Todas as parellas inscritas deberán bailar todos os ritmos, senón serán penalizadas. 

Deberá haber inscritas un número mínimo de 10 parellas para a realización da súa modalidade, de non ser así o xurado reservase a posibilidade de facer as modificacións oportunas. 

SEXTA. O vestiario será libre. Recoméndase o uso de zapatos específicos de baile de salón. 

SÉPTIMA.
Desenvolvemento do concurso. 
a) Os participantes deberán bailar todos os ritmos detallados nas bases para cada unha das modalidades e terán  preparado unha coreografía. 
b) A duración de cada actuación será de 2 minutos 30 segundos . 
c) Realizarase unha selección das parellas participantes,  previa ao concurso, o venres 15 de agosto de 2014, ás 20:00h . 

OITAVA.
Xurado  e criterios de valoración.
O xurado estará composto por personalidades do mundo artístico, profesores de baile, profesionais dos medios culturais, sociais e de comunicación. O Concello de Camariñas resérvase o dereito de modificar os compoñentes  que forman parte do xurado. 
O xurado terá en conta os seguintes criterios.
1. Valorarase principalmente o seguimento do compás da música.
2. A expresividade: saber expresar o carácter do baile.
3. A compenetración dos compoñentes da parella
4. A variedade de pasos e figuras de baile.
5. Coreografía 

A decisión do xurado será inapelable. 

O Concello resérvase o dereito a modificar estas bases antes do inicio do concurso, así coma a suspensión do mesmo por causas xustificadas. 

NOVENA.
Premios.   1º premio: 500€ + obsequio de Encaixe de Camariñas
2º premio: Fin de semana nun hotel ou casa rural + obsequio de Encaixe de Camariñas
3º premio: Cea para dúas persoas + obsequio de Encaixe de Camariñas 

O primeiro premio entregarase en metálico ao finalizar o acto. O segundo e o terceiro mediante un vale. Os participantes deben identificarse mediante o seu DNI e asinar o xustificante de entrega do premio. Será imprescindible o cumprimento destes requisitos para efectuar a entrega do premio. 

DECIMA.
Comunicación cos participantes. Anunciaranse datas, horarios, bases e demais información sobre o concurso na web oficial do Concello de Camariñas (www. camarinas.net), a través de folletos informativos e carteis publicitarios. Pode solicitar máis información no teléfono: 602459515 / 654819409. 

Casting das parellas participantes
venres, 15 de agosto de 2014
Lugar : Casa de Pedra (Camariñas)
Hora: ás 20:00h . 

Concurso de Baile de Salón 
Sábado, 16 de agosto
Lugar: Casa de Pedra (Camariñas)
Hora: 20:30h 

UNDÉCIMA.
A organización non se responsabilizará de ningún dano físico ou material sufrido ou causado polos participantes durante o concurso, incluíndo perda ou roubo de obxectos e pertenzas. 

DUODÉCIMA.
Compromiso de participación. A participación no presente concurso supón a aceptación das bases así como acatar as decisións que tome o Xurado ou a organización.

Engadir un comentario