Os escolares de Camariñas converteranse mañá mércores 18 de xuño nos "Pequechefs do mar". A través desta actividade do proxecto Come o Mar, os pequenos poderán afondar nas actividades pesqueiras da zona, aprender a identificar as diferentes especies de peixes que se capturan, e unhas pautas para facer os seus pinitos na cociña mariñeira. Unha actividade o mar de apetecible! será mañá mércores 18 de xuño na lonxa do porto a partir das 10.00 h.

Engadir un comentario