Hoxe martes 10, ás 17:00 no Centro de Iniciativas de Camariñas, Javier Rei, xefe de cociña do Restaurante Alborada, que conta cunha Estrella Michelín e referente na Coruña empregando produto local de calidade. Javier Rei aconsellará cómo elaborar un menú mariñeiro elixindo produtos locais do mar, cómo presentalo e cómo vendelo, qué debe incluir, como describilo e consellos para diferenciarse. Con esta sesión búscase que cada establecemento elabore un menú mariñeiro que será ofrecido nas xornadas gastronómicas que terán lugar en datas aínda sen determinar. Esta actividades están incluías no programa “Camariñas, o mar todo” promovido polo Concello de Camariñas e financiado polo Gac Costa da Morte. A sesión é gratuíta e poden asistir as persoas das empresas do sector hostaleiro e turistico de Camariñas que desexen participar na rede de traballo de turismo que está a formarse.

Máis información:
Axencia Desenvolvemento Local Camariñas
Casa de Pedra de Camariñas.
981737004 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Engadir un comentario