1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pasado mércores dia 9 de abril, tivemos  a sorte de disfrutar con Maria e Lorena,educadoras da asociación Integro, dun obradorio de visibilización da diversidade funcional. Todo o alumando de 2º de primaria dos CEIPs de Ponte do Porto e Camariñas puideron disfrutar primeiro  dun conto moi divertido titulado “ Un patiño diferente”.Através deste conto aprenderon que a pesares de ter dificultades, fisícas e/ou psiquicas, todos podemos ter unha vida totalmente normalizada.E facer as mesmas cousas que fan os demáis, seguramente doutro xeito, pero pódense facer .Porque ser distinto non implica ser incapaz de facer cousas.

Os nenos e nenas fixeron actividades moi divertidas de diferentes xeitos: moverse en sillas de rodas,  facer un domino,utilizando só o tacto, adiviñar que hai dentro dunha bolsa  sen velo ,polo tacto e o oido, ou botar auga nun vaso utilizando unha soa man...

Darlles as grazas a asociación INTEGRO por ensinarnos  cousas tan importantes dun xeito tan divertido e como non,  os centros escolares  pola  súa maravillosa colaboración. Un saúdo.

Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade,
Saúde e Deportes.
Concello de Camariñas

Engadir un comentario