1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas poñémonos en contacto con vós para informarlles do programa que se vai a levar a cabo relativo ao Día Internacional da Muller no noso concello. Este ano decidimos centrarnos en actuacións de carácter reivindicativo onde se dea visibilidade ás mulleres como colectivo  e aos dereitos que aínda que moitos están recoñecidos a nivel legal as mulleres non conseguiron na realidade.   

A nosa primeira actuación foi a realización e colocación dunha pancarta de 2,5 *5 metros no edificio da Casa de Pedra de Camariñas, sede da Área de Igualdade , que visibiliza ao que as mulleres temos dereito e do que de ningunha maneira podemos prescindir. 

Outra iniciativa que estamos levando a cabo e relacionado con isto é un Obradoiro de Estampación de Camisetas para o alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do noso concello, no que previo  información e análise do Día Internacional da Muller o alumnado estamparán cada un/unha na súa camiseta un dereito que crean que teñen as mulleres.
                              
Moitas grazas pola súa colaboración
Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.