1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas instala unha pantalla informativa para mellorar a rede comercial local. Na última reunión da mesa local de comercio da que forman parte o Concello de Camariñas, a Asociación de Empresarios e a Asociación de Amas de Casa aprobouse o Plan de Desenvolvemento Comercio 2013-2014.

Este plan incluía un apartado para a dinamización e revitalización do comercio de proximidade mediante a instalación dunha pantalla exterior. Nesta pantalla os comercios locais colocarán os seus anuncios para así, dende o Concello, apoiar a súa difusión.

Nestes días aquelas empresas que estean dadas de alta no directorio empresarial do Concello recibirán unha notificación na que se lles explicará como poder subir anuncios á esta pantalla. A subida destes anuncios será gratuíta.

Aqueles negocios que queiran darse de alta no directorio empresarial poden informarse na Casa de Pedra, no 981737004 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.