- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 27 Decembro 2013 27 Decembro 2013
Man cOas Tuas manS. Participa na Xornada creativa para entender a obra do Alemán de Camelle. Preténdese que os nen@s, e non tan nen@s, tomen conciencia ecolóxica e, a partir de materiais de refugallo e as súas mans, poidan crear obras coma o do Alemán de Camelle.
SÁBADO 28 de decembro todo o día, repartido da seguinte maneira:
Dende as 11:30 ata a 13:00: saída da Casa da Cultura ata a praia de Camelle para recoller materiais de refugallo. Dende alí poderanse decirdir outros destinos para a recolección de diferentes materiais de refugallo.
A partir das 17:00 até finalización, cos materiais recolectados (plásticos, pedras, redes, cordas, cabos, caixas...) comezaremos na cafetería da Casa da Cultura facer as nosas propias creacións, que estarán expostas no Museo durante o Nadal.
A única condición ñe ter moitas ganas de crear a túa propia obra de arte seguindo modelos que utilizaba Man. Esperámosvos!!
Organizan: Fundación Man e Concello de Camariñas.