1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Social do Imserso para o ano 2014 cos seguintes requisitos: Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez e, de viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos. Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos. Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa. Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria. Acadar  a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida. Se admitirá como acompañante o/a cónxuxe aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos.

Quendas: de 12 días (11 noites) ou 10 días (9 noites), realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres e de uso compartido.

Prezo: varía  en función do balneario e do mes solicitado.

Documentación: DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe, clase de pensións que perciben coa contía mensual e, unha declaración xurada que está no reverso da solicitude.

Prazo e lugar da solicitude: para as quendas de febreiro a agosto ata o día 16 de xaneiro de 2014 (con prioridade na adxudicación de praza) e, para a súa inclusión na Lista de Espera ata o 16 de maio de 2014; para as quendas de setembro a decembro ata o día 16 de maio de 2014 (con prioridade na adxudicación de praza) e, para a súa inclusión na Lista de Espera  ata o 30 de outubro de 2014, nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello ou directamente na sede electrónica do Imserso: www.imserso.es.

Camariñas, 17 de decembro de 2013
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Saúde e Deportes
Mª Carmen Linares Chica

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.