O Concello de Camariñas pon en funcionamento dende o  26 de novembro ata o 19 de decembro de 2013, un servizo de apoio e formación para entidades e asociacións de Camariñas co obxectivo de dotar de ferramentas á directivas que faciliten a tramitación de axudas e subvención e doutros trámites administrativos on line.

Este servizo desenvolverase na aula CEMIT do Concello de Camariñas e previa inscrición das persoas interesadas. Ademais as entidades recibiran asesoramento individualizado nos diferentes servizos municipais para a tramitación de axudas e subvencións e de xeito máis inmediato para tramitar as axudas da Deputación 2013.

A carta de servizos que se presta, previa petición das entidades interesadas son:


CEMIT Aula de informática do Concello de Camariñas.
Rúa do Río (xunto ao Centro de Saúde de Camariñas)
Solicitar cita previa Tfn.: 981736506
Horario de 10 a 13:00h

- Sesións individualizada para solicitar e tramitar o DNI/ CERTIFICADO DIXITAL para directiva da entidade. Realizarase, con cita previa.

- Sesións formativas para creación e xestión de enderezos electrónicos para asociacións, directivas ou asociados dos mesmos. 

- Sesións formación e apoio sobre trámites e procedementos on line dirixido a entidades: axudas Deputación 2013, tramites on line no Concello de Camariñas, Facenda , Seguridade Social e outros

SERVIZOS MUNICIPAIS
Praza de Insuela S/N

Solicitar cita previa

- Sesións de asesoramento individualizado para solicitude e trámites de axudas e subvencións a cargo dos servizos municipais e previa cita.

Deportes: Tfn.: 981736000.
Cultura e Educación: Tfn: 981737234
Promoción Económica e proxectos relacionados co patrimonio, cidadanía, obras, turismo … : Axencia de desenvolvemento Local de Camariñas Tfn: 981737004

Engadir un comentario