1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Cursos de informática en Camariñas
Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde). O primeiro curso será de iniciación a informática e empezará o 18 de setembro. Os cursos teñen unha duración media de tres días cada un e o horario é de 17:00 a 19:00.

Impartiremos 15 cursos en total. Os primeiros cursos son básicos e dirixidos a aquelas persoas que queiran aprender a andar cun ordenador, internet, correo electrónico e redes sociais (facebook, tuenti,…).

A continuación impartiremos cursos máis avanzados e moitos deles dirixidos á autónomos e pequenas empresas. Ensinaremos a utilizar o DNI electrónico, retoque de fotografías, buscar emprego por internet, crear blogs, manexar o procesador de textos e bases de datos, utilizar a folla de cálculo para levar as contas da empresa, a comprar ou vender por internet e a xeoposicionar o teu negocio.

Ademais deste cursos tódolos días, de luns a venres, na aula de informática temos o servizo de aula aberta na que poderás dispor dun ordenador con conexión a internet e participar na teleformación da rede CeMIT.

As prazas para os cursos son limitadas polo que é necesario preinscribirse ata 2 días antes do inicio de cada curso. A preinscrición e máis información farase na aula de informática do Centro de Iniciativas de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres, ou no teléfono 981 73 65 06, ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Engadir un comentario