O concello de Camariñas estrea a súa sede electrónica
O 12 de setembro o Concello de Camariñas estará a disposición de calquera cidadán do mundo, calquera día do ano e a calquera hora. Nace un novo xeito de tramitar e ver as xestións no Concello, sen saír de casa, sen colas nin horarios, con transparencia. Coa seguridade dos datos a través do DNI electrónico.

O usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: imprimir o seu volante de empadroamento, solicitar unha licenza, consultar o estado dun trámite, representación de outra, algo especialmente útil no caso das persoas sen acceso ás novas tecnoloxías… E dirixido ás persoas que necesiten formación en informática, o Concello vai por en marcha a finais de setembro e ata decembro varios cursos de informática, entre eles aprender a utilizar o DNI electrónico. Ademais no Centro de Iniciativas os veciños teñen a disposición un axente TIC que os axudará coas novas tecnoloxías. Camariñas cumple así plenamente a Ley 11/2007 de Acceso Electrónico de los Ciudadanos a los Servicios Públicos mediante este proxecto implantado polo propio Concello e a Deputación da Coruña.

Sergio Caamaño
Concelleiro

Engadir un comentario