O Concello de Camariñas organizará un obradoiro sobre medio ambiente en Camelle.

Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas celebrará o Obradoiro VERDES VENRES, organizado pola Biologa do Grupo de Medio Ambiente do Concello financiado pola Consellería de Traballo. O taller terá lugar na Escola Unitaria de Camelle o Venres 18 de xaneiro de 2008 de 10:00 a 11:30 horas. Despois deste primeiro obradoiro, está previsto continuar a actividade con outros escolares do Concello.

Obxectivos:

Sensibilizar aos nenos  coa protección ao  Medio Ambiente
Divulgar temas medioambientais entre os nenos/as do Concello
 

Destinatarios/as:

Nenos/as de Prescolar da Escola Unitaria de Camelle.

Programa previsto:

Lectura dun texto infantil de temática medioambiental
Realización de actividades relacionadas co texto.
 

Máis información:

Grupo de Medio Ambiente do Concello de Camariñas. Centro de Iniciativas Empresariais, Rúa Real s/n, teléfono 981 73 63 73 de 9:00 a 16:00 horas de luns a venres.

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 



 

Engadir un comentario