1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os axentes da policía Municipal de Camariñas impartiron cursos de seguridade vial aos nenos

Rematou Maio e con el vai rematando o curso escolar. Coma aquel que di ,hai tres días que estábamos deseñando as actividades educativas que poderíamos ofertar o longo deste curso e xa estamos as portas do remate. Entre as actividades máis destacadas e que máis lles chamaron a atención os nosos pequenos e pequenas sen dúbida están os talleres de educación viaria. Os axentes da policía local do noso concello achegáronse as clases para explicarlle o alumnado de 1º e 2º de primaria dos colexios O Areal de Camariñas e O Allo de Ponte do Porto :

- Os distintos tipos de vías e medios polos que se moven os peóns.Especialmente a diferenza entre estrada e rúa.
- Comportamentos axeitados dos peón. Medidas de seguridade,como debemos cruzar nos pasos de peóns....
- As normas de respecto os outros viandantes
- Normas de uso da bicicleta .
- Nocións básicas sobre as vías urbanas. Utilización dos semáforos, pasos de peón, indicación dos axentes de trafico….
- Comportamentos axeitados cando somos ocupantes dun vehículo. Uso do cinturos de seguridade, como baixar do vehículo...

Como vedes na imaxen os rapaces e rapaces estaban do máis interesados e seguro que algún e algunha o chegar a casa nos deron unha lección do que non debemos ou debemos facer cando vamos polas rúas ou estradas.  

Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos sociais,
igualdade, saúde e deportes
Concello de Camariñas

Comentarios   

Seamos realistas
-2 # Señales tramsparentesSeamos realistas 04/06/2013 12:20
A verdade que pa circular por Camariñas todos os conductores terian que ter estudios suplementarios si,coas as señalizacions que puxo este concello non temos mas que laverintos e percances continuados.
Responder | Denunciar ante o administrador