1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Comeza a quentar motores a que será a Mostra do Encaixe 2013

O Concello de Camariñas convoca a I edición do Concurso de Carteis que ten como obxectivo premiar ao mellor traballo para a difusión e coñecemento da XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, certame comercial e cultural de ámbito internacional, que se celebra sempre en Semana Santa, esta edición coincide desde o 27 ao 31 de marzo de 2013.O cartel gañador non só cumprirá a función como tal, senón que servirá de base da imaxe de toda a campaña da Mostra do Encaixe, polo que se valorará a súa facilidade de aplicación para soporte en papelería, diplomas, prensa, banners, etc. A convocatoria e as súas bases publicaranse na páxina web do Concello de Camariñas www.camarinas.net. e tamén se anunciará a través dos medios de comunicación.

1.Participantes


Poderán participar no concurso tódalas persoas que estean interesadas, individualmente ou en equipo. As obras presentadas, hasta un máximo de dúas por autor, deberán ser inéditas e que no supoñan, en todo ou en parte, copia o plaxio de escenas fotográficas, carteis ou debuxos xa publicados en calquera das súas formas, e que no foran premiados con anterioridade en ningún outro concurso. Será responsabilidade absoluta dos autores do cartel calquera reclamación que poida producirse en relación coa autoría do cartel e o seu posible plaxio.

2. Características Técnicas


2.1 Tema:
O asunto das obras deberá ter en conta o obxecto da mesma: XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas.
Os participantes gozarán de completa liberdade para escoller o tema, aínda que sempre será representativo e relacionado có obxecto da mesma.
Debe suxeitarse en sensibilidade e técnica ao que é propio do cartel e contar con una clara finalidade divulgadora.
2.2 Presentación:
Os carteis serán de concepción e técnicas libres, sempre que o seu formato sexa vertical e un tamaño de 50 x 70 cm
A presentación para o concurso será en DIN A 3 coa mesma calidade có orixinal.
Os autores deberán acompañar a súa presentación en soporte informático gravado en CD incluíndo:
• Imaxe dixital: formato PSD a 300 ppp tamaño 1/1 y en cuatricomia.
• Imaxe vectorial: Archivo de programa de deseño vectorial: EPS o AI.
Estes arquivos deberán estar por duplicado, un coas fontes tipográficas e outro cos textos trazados. Incluiranse todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos,
incluíndo as fontes utilizadas e, si fora o caso, os orixinais das imaxes dixitalizadas no formato tiff u outros.
O autor será responsable da correcta realización dos arquivos informáticos aportados.
En ningún caso se admitirá o escaneado o uso de fotografías e imaxes doutros autores.
O cartel debería estar conservado en psd, fh, etc. e dicir, en capas para que en caso necesario se poida facer algunha modificación (incluír logos, cambiar fechas…).
Achegarase unha ficha indicando o entorno informático (PC obrigatorio), e o programa utilizado.
2.3 Contidos básicos
Os carteis conterán texto/información obrigatoria:
O nome: XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas
Fecha: do 27 ó 31 de marzo
A páxina web: www.camarinas.net
Os logos das entidades colaboradoras
Na parte traseira dos traballos figurará un pseudónimo que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do xurado.

3. Premio


Premio de 300 € para o cartel gañador.
Os finalistas terán un diploma e un obsequio por participar.

4.Presentación


O prazo de presentación finalizará o día 1 de decembro de 2012.
Os traballos enviaranse debidamente embalados ou se presentarán en:
Concello de Camariñas
Mostra do Encaixe
Praza da Insuela s/n
15123 Camariñas

Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 38. 4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para preservar a identidade do autor ata o fallo do Xurado, na parte posterior da obra figurará un pseudónimo, achegando un sobre cerrado onde aparecerá: “ Concurso de Carteis XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas” e o seudónimo da obra.
O soporte informático enviaráse aparte de dito sobre pechado, facendo constar o seudonimo no mesmo. No interior de dito sobre, incluirase o nome e apelidos do autor,currículum vitae, domicilio, teléfono de contacto y dirección de e-mail, así como una declaración xurada indicando que o traballo é orixinal e inédito.

5.- Xurado


A selección e concesión dos premios do Concurso, realizarase a proposta dun xurado nomeado ao efecto. O xurado, para formular as súas propostas valorará, ademais da concepción, a calidade gráfica, a súa eficacia anunciadora ou informativa e as súas condiciones de reprodución.
Dito xurado seleccionará aos finalistas que logo pasarán a seguinte fase de xurado popular.
Os carteis finalistas previa elección polo xurado, expoñeranse na páxina do Concello de Camariñas, para a elección definitiva por un xurado popular mediante voto. Esta
votación estará aberta desde o martes, día 11 ata o luns, día 17 de decembro ás 10:00 H.
O Xurado poderá declarar deserto o concurso por considerar que ningún traballo presentado reúne os méritos suficientes para ser finalistas.
A decisión do Xurado será inapelable.
O resultado do concurso será comunicado persoalmente ao gañador e publicarase na web.

6.- Dereitos


O adxudicatario cede en exclusiva ó Concello tódolos dereitos de uso e explotación por tempo indefinido dos deseños realizados.
O Concello de Camariñas queda excluído das taxas da Sociedade Xeral de Autores, as
cales serán a cargo do adxudicatario.
O Concello terá potestade para introducir aqueles cambios que se consideren oportunos para optimizar os recursos destinados a esta acción publicitaria.
Queda implícito na participación desta convocatoria a aceptación do contido das bases.
Calquera dúbida sobre a súa interpretación, ou calquera modificación desta, será resolta polo comité organizador da Mostra do Encaixe.

Engadir un comentario