1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Xoves de Camariñas viaxan a Forlí (Italia)

Unha delegación do Concello de Camariñas participou, do 24 ao 27 deste mes, no terceiro encontro do proxecto europeo Ypad no que este municipio participa xunto con outros catro municipios de Italia, Suecia e Finlandia dentro do programa Europa de los Ciudadanos. Cinco personas compoñían a delegación que acudiu a este encontro: Sergio Caamaño, concelleiro de desenvolvemento e Emilio González, técnico de desenvolvemento, representaron ao concello, acompañados por tres xoves camariñáns pertencentes ao grupo local do proxecto: Silvia Tedín, Isabel Dios e Jose Manuel Rodriguez.

O tema do encontro foi “Cómo apoiar aos xoves con boas ideas”. Durante as catro xornadas que durou o evento, o municipio de Forlí presentou ao resto das delegacións e aos xoves da súa localidade as instituciones e entidades que colaboran a este propósito: a Cámara de Comercio local, a sección de Forlí da Universidade de Bolonia, o municipio de Forlí e a Rexión de Emilia-Romaña á que pertence este municipio, presentaron os seus apoios a través de subvencións, financiamiento, formación e viveiros de empresas. Xoves empresarios e empresarias compartiron a súa experiencia, as dificultades e os logros. Entre elas había unha editorial, unha empresa de dinamización empresarial nas redes sociais, unha iniciativa cultural e “El Pan y la Rosa”, un bar que combina o carácter lúdico co de concienciación cidadana contra o fenómeno mafioso.

Forlí, unha cidade de 130.000 habitantes, é o centro do cooperativismo italiano: o 60% da poboación ocupada faino nalgunha cooperativa. Os socios visitaron, ademáis da cooperativa “El Pan y la Rosa”, a “Formula Servizi”, creada por 8 mulleres en 1975, e con casi mil socios e traballadores na actualidade, que provee de servizos para mellorar as competencias profesionais e a empleabilidade nos sectores da sanidade, a industria da saúde, o transporte de alimentos e a xestión de servizos sociais. Finalmente, outra cooperativa dedicada á dinamización e cohesión social en barrios marxinados, comunicou aos participantes os seus proxectos e actividades.

O encontro completouse cunha reunión dos coordinadores do mesmo, representantes dos cinco municipios, na que se valoraron os pasos dados ata o momento e se programaron as dúas próximas reunións do proxecto en Ferrol e en Camariñas, onde se evaluarán os resultados do proxecto e se programarán novas colaboracións a través de irmandades entre ciudades e de novos proxectos europeos.

O concello de Camariñas quere animar á xuventude do municipio a que participe no encontro que se vai celebrar en maio de 2013 nesta localidade no que os xoves compartirán as súas experiencias e inquietudes cos dos outros catro países. Para este fin, próximamente convocarase unha reunión na que os xoves involucrados no proxecto e o propio concello explicarán os detalles deste último encontro europeo.

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004

Engadir un comentario