1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

ANUNCIO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS DE PROCEDEMENTO DE  SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/dunha AUXILIAR doméstico/a DO Servizo de Axuda No FOGAR

Obxecto: A selección dun traballador/a para cubrir un posto de Auxiliar doméstico/a do Servizo de Axuda no Fogar e a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais que permitan cubrir as posibles ausencias dos/das auxiliares de axuda no fogar.

Modalidade de contrato: A modalidade do contrato é a regulada polo art. 15.1 a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, contrato de duración determinada a tempo completo (obra ou servizo determinado).

Requisitos dos aspirantes: Os establecidos na base 2ª das reguladoras da convocatoria aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 14 de agosto de 2012.

Procedemento: Concurso de méritos.

Presentación de instancias:


Prazo: Dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello e no diario “La Voz de Galicia”.

Lugar: As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, ou nos termos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e neste caso os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias, de conformidade co disposto na base 3ª da convocatoria.

Lugar de obtención de información:
Concello de Camariñas, Praza de Insuela, núm. 57
– 15123 - Camariñas (A Coruña).

Camariñas, a 14 de agosto  de 2012

O Alcalde,          
Asdo.: Manuel Valeriano Alonso de León

Engadir un comentario