1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A Praia do Ariño acollerá outro ano máis a Festa da Praia de Xaviña

Coma tódolos anos o 25 de xullo o Ariño recibirá a Festa da Praia. Organizado polo Concello de Camariñas este evento comezará ás 12 do mediodía comezará esta festa cunha misa na que actuarán o coro Anduriñas de Xaviña en honor a Santiago Apóstolo. A continuación, e a partir das 2 da tarde aproximadamente, traballadores municipais faran unha gran sardiñada para degustación dos asistentes. As 4 da tarde teremos un hinchable e unha serie de xogos populares para os máis pequenos. Tamén a partir desa hora comezarán as actuacións musicais a cargo do grupo de gaitas Abrindo Rejo, o grupo de gaitas municipal, o grupo de baile municipal e o cantautor Xan Solo. Esperamos que todos e todas nos acompañedes este día no merendeiro e praia do Ariño.

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.

Tlf: 981737004

Comentarios   

Dolores Rojo
+3 # Dia de galiciaDolores Rojo 25/07/2012 14:26
Xaviña es el lugar donde nacì y siempre recuerdo.- Feliz dìa de Galicia, y un beso muy grande a todos mis familiares, y que disfruten de esta fiesta!!!!!!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.