1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas organiza un curso de manipulador de alimentos, obrigatorio para desenvolver ocupacións que impliquen a manipulación de produtos alimentarios. A realización do curso está prevista para o mes de setembro e estará condicionada a que se xunte un grupo mínimo de participantes. Tódolos asistentes recibirán un certificado da realización acción formativa.

Duración: 3 horas e media.
Prezo: 30 €. Posibilidade de descontos segundo o número de participantes
Destinatarios: aberto a tódalas persoas interesadas
Prazas: limitadas.
Preinscrición obrigatoria. Prazo: 31 agosto

Máis información: www.camarinas.net
Ou contactar coa orientadora laboral


Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.     
Casa de Pedra 981737004
Luns a venres de 8:00 a 14:00


SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004

Engadir un comentario