- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 27 Xuño 2012 27 Xuño 2012
OFERTA DE EMPREGO PARA TRAGSA: Tragsa (Empresa de Transformación agraria S.A.) publicou un anuncio o pasado sábado 23/06/2012 no xornal La Voz de Galicia no que ofertan prazas de, Xefes de brigada incendios forestais (REF:XFIB) e Peóns defensa incendios forestais (REF: PDIF) nos distritos forestais: Do I ó XIX. Prazo máximo de recepción de solicitudes: 4 días naturais dende a publicación do anuncio (remate o 27 de xuño ás 19:00 horas). Dende Camarinas.eu recomendamos aos interesados que se personen na oficina da orientadora laboral do Concello de Camariñas para recabar máis información sobre estes postos de traballo que oferta a empresa TRAGSA. A continuación vos deixamos as condicións para optar a estes postos.
Requisitos:
- Permiso de conducir tipo “B” para xefes de brigada e valórase a súa posesión nos peóns defensa incendios forestais
- Titulación mínima requirida para xefe de brigada (FP 2º grao ou equivalente)
- Valorarase experiencia en traballos de extinción de incendios forestais
Documentación a presentar:
- C.V.- Fotocopia DNI
- Fotocopia permiso de conducir
- Fotocopia tarxeta demanda de emprego
- Vida laboral actualizada
- Documentos acreditativos da experiencia en extinción de incendios
- Documentos acreditativos de formación en extinción ou formación complementaria
Presentación de solicitudes:
- En función da provincia onde estean interesados en presta-los servizos remitirán ou entregarán a documentación requirida en sobre indicando a referencia do Distrito Forestal e do posto, ás seguintes direccións postais ou contas e-mail.
CORUÑA: Praza da Ría 6 Baixo 15174 Rutis – Culleredo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
LUGO: C/ Río Sil 43 – Entresuelo 27003 Lugo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
OURENSE: c/ San Rosendo 17, Plante Baja 32001 Ourense Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
PONTEVEDRA: Av. Juan Carlos I 6 – 8 Planta Baja 36004 Pontevedra Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA - 981 73 70 04
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00