O Concelleiro Sergio Caamaño presentou o cursoOnte (20/06/2012) realizouse no Concello de Camariñas organizada pola Axencia de desenvolvemento Local unha xornada de prevención de riscos laborais denominada Aula permanente impartida por Mónica López, docente da Fundación Laboral de la Construcción. Esta xornada, de oito horas de duración corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).

Á dita xornada asistiron 20 persoas desempregadas que previamente se apuntaran ca orientadora laboral. Eran 15 veciños do Concello e 5 de fóra, con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar nese sector. Tódolos asistentes recibiron un diploma acreditativo da realización da acción formativa.

Ó mesmo tempo recolleuse a documentación para que as persoas interesadas en solicita-la TPC (tarxeta profesional da construción) puideran tramitala no caso de cumprir os requisitos necesarios.

Estas xornadas forman parte do plan formativo en materia de emprego que levamos realizando dende principios de ano. Foron cursos de informática, de orientación laboral e este último. Estas actividades formativas realizámolas con persoal propio e entidades colaboradoras mentres agardamos as aprobacións das solicitudes que fixemos para AFD e escolas-obradoiro.

Sergio Caamaño
Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento empresarial, Mar e Traballo.

Engadir un comentario