1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A (SEAGA) publicou unha resolución pola que se convoca á realización da proba física e a apertura do prazo para a presentación de formación baremable. Tede en conta que a esta convocatoria só poden presentarse as persoas que xa estean anotadas con anterioridade nas listas previas de Seaga na categoría e nos perfís profesionais que aparecen na mencionada resolución.


Probas físicas: 12 de xuño
Os chamamentos serán únicos, cada 30 minutos, iniciándose o primeiro chamamento ás 8:00 horas. Chamarase por orde alfabético comezando por aquelas persoas cuxo primeiro apelido empece pola letra “Z”.
Podedes consultar o horario de realización das probas na páxina web de Seaga.
As persoas candidatas realizarán a proba na provincia do domicilio que indicaron na solicitude de admisión
Convocados / as provincia A Coruña: Estadio Multiusos San Lázaro. Avda. De Fernando Casas Novoa 20 C.P. 15703 Santiago de Compostela


O día de realización das probas físicas as persoas candidatas deberán levar o seu DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais ou documento equivalente para identificarse así como un certificado médico oficial ou informe de saúde, firmado e selado por un colexiado en exercicio, no que se faga constar que a persoa non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto á data de realización da proba.

Serán obrigatorio acudir á proba con zapatillas de deporte. 
Prazo de presentación de documentación (formación baremable): 11 de xuño (inclusive).


MÁIS INFORMACIÓN:


Enlace páxina web Seaga
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL         
CASA DE PEDRA - 981 73 70 04
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Engadir un comentario