1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Importante iniciativa a que tivo lugar na Casa de Pedra o pasado 28 de maioHai temas serios que non admiten bromas e nos que toda colaboración é pouca. Por exemplo a doación de órganos. Por elo foi un honor para Camarinas.eu contribuir a poñer en contacto ao noso usuario e amigo Luis Martínez Sierra coa concelleira María del Carmen Linares para promover charlas sobre tan importante tema no Concello de Camariñas. Charlas como a que baixo o nome “DOAR ORGANOS É SALVAR VIDAS” tivo lugar o pasado luns 28 de maio na Casa de Pedra. Dito evento, organizado en colaboración coa Asociación ALCER (Asociación para a loita contra as enfermidades de ril) estaba enmarcado dentro do programa “Para tod@s e por tod@os” que ten como  obxectivo dar a coñecer e poñer en valor todo o traballo que se está a facer para mellorar a calidade de vida de certos colectivos. Pero neste caso, a labor da asociación ALCER vai máis alá porque grazas a difusión de campañas coma esta non só pretende mellorar as vidas das persoas afectadas por unha enfermedade renal senón tamén salvar vidas. Ao final asistiron á charla unha treintena de participantes entre os que se atopaban persoas de Camariñas con problemas renais e algúns que estaban preparándose para un transplante. O dito, en temas como este toda colaboración é pouca.

Comentarios   

kinos
0 # Doar Organoskinos 05/06/2012 16:36
Moi ben feito por esta redacion en contribuir no que se poida en esta boa causa,onde e importante a maxima colaboracion pa concienciar a xente de que se pode salvar moitas vidas coa boa voluntade.Norab oa a redacion por contribuir a expandir estes actos.saudos
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
-1 # RE: Doar Organosdiegoalfr 05/06/2012 18:58
Gracias polas túas palabras quinos, dende Camarinas.eu tratamos dende fai xa 5 anos de facer o millor que sabemos e podemos pola nosas xentes, noso pobo e por extensión do Concello de Camariñas enteiro. Saludos amigo!
Responder | Denunciar ante o administrador