1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este sábado celebrarase unha amena andaina polos camiños da Ponte

Este SÁBADO 2 de XUÑO levaremos a cabo a andaina aplazada o 6 de maio e consistirá: Saída dende o Pavillón de Ponte do Porto ás 10h, iremos ata a Grixa e dende a Grixa a Pena Forcada e volta outra vez ata a Grixa, pasaremos polo cemiterio vello, atravesaremos a rúa Porto e chegaremos á ponte, depois iremos cara ás Barrosas e dende as Barrosas ata o merendeiro de Lexas e seguiremos polo ruta dos Muiños ata rematar no Centro Cultural de Ponte do Porto. EN TOTAL SERÁN 13QM APROX hora prevista de remate 13´30h.

DESTINADA A PERSOAS DE 7 OU MÁIS ANOS. @S MENORES DE 16 ANOS DEBEN DE IR ACOMPAÑAD@S DUN ADULTO OBRIGATORIAMENTE. Se queres participar ti e/OU a túa familia nesta actividade, só tes que elexir entre unha destas tres posiblidades data límite de inscrición o VENRES día 1 de XUÑO.

a) Chamar ao Concello de Camariñas, ao departamento de deportes 981-736000 e anotarse.
b) Entregar o recortable desta carta nas conserxerías dos colexios de primaria.
c) No correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Agardamos a vosa participación, un saúdo.
O Alcalde do Concello de Camariñas
Manuel V. Alonso de León

Engadir un comentario