1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os envases lixeiros ao contedor amarelo

No mes do marzo o Concello de Camariñas comeza unha campaña para promocionar o deposito de envases lixeiros nos contedores amarelos. O obxectivo é mellorar a recollida selectiva e reducir o depósitos impropios nos contedores amarelos, que alcanzan o 28% na actualidade.

Aínda que esta porcentaxe reduciuse nun 5%, o Concello é sancionado por Sogama por esta cantidade, e isto repercute no custo do servizo de recollida de lixo.

Sen embargo, os depósitos correctos recíclanse, evitándose a extracción de materias primas, reducíndose o consumo enerxético e a emisión de gases de efecto invernadoiro.

A campaña de concienciación farase ca colaboración dos supermercados do Concello que porán a disposición dos veciños un folleto onde se explica que vai e que non vai ó contedor amarelo.

Nos contedores amarelos NON se poden depositar plásticos que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, cables, rotuladores, etc). PODÉNSE depositar embalaxes de plástico, latas, envases de plástico e bricks de leite, viño e zumes.

Ao final da campaña estudaremos os Kg depositados neste mes e a porcentaxe de impropios para comparalos co ano anterior e cualificar o resultado do programa.

Durante este mes, ademais, dotaremos a aqueles lugares do Concello que precisen de máis contedores amarelos.

Engadir un comentario