1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca cursos gratuítos en liña para preparar a proba do Celga 1 de galego.  Os cursos son de nivel elemental e están pensados para estranxeiros e para persoas que non teñan coñecementos de galego

Destinatarios / as:

-      Persoas maiores de 16 anos con coñecementos informáticos a nivel usuario que estean interesadas en realizar a proba que terá lugar en Santiago de Compostela o 10 de xuño.

Prazo de matrícula: do 1 ó 14 de marzo (ambos os dous incluídos)

Para matricularse:

Enviar unha mensaxe electrónica ó enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. poñendo os seguintes datos:

-      Nome e apelidos
-      DNI con letra
-      Enderezo electrónico e teléfono de contacto
-      Lugar de residencia
-      Nivel de estudos

A selección farase por rigorosa orde de matrícula ata cubrir as 150 persoas que se admitirán nos cursos.

Datas dos cursos: do 26 de marzo ó 1 de xuño (ambos os dous incluídos)
Importante:
-      Face-lo curso non da dereito a ningún tipo de certificado
-      Os cursos son voluntarios, preparatorios da proba do Celga 1.  

Máis información: http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

Xunta de Galicia.
981 957654 – 981 544402 – 981 546835

ou contactar coa orientadora laboral do concello
Casa de Pedra 981737004
Luns a venres: 8:00 – 15:00

Engadir un comentario