1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

Durante do mes de marzo Colaborando co IES Pedra da Aguia traballaremos cos rapaces e rapazas de 1º da ESO .Tentando desenvolver actividades de busca de información ,organización da información e  resentación dun traballo. No CEIP “O Allo” desenvolveremos un obradoiro de mellora da lectura, de similares características o que xa se le-varon a cabo o trimestre pasado cos/as alumnos/as de 5º de primaria no CEIP “O Areal de Camariñas”.

13 Marzo:


Visita dos alumnos de 4º de Primaria  as instalación de ASPADEX en Vilar de  Toba, Ceé. Será una xornada de convivencia entre os rapaces e rapazas do CEIP “O Areal” de Camariñas ,o CEIP “O Allo” de Ponte do Porto e os alumnos de ASPADEX, que nos van amosar cal é o seu traballo día a día.  

17 de Abril:


O alumnado de 5º de primaria do CEIP “O Areal” de Camariñas e o CEIP “O Allo” de Ponte do Porto visitarán o centro que a asociación APEM ten en Ceé. Vannos ensinar cal é a súa labor e como son as súas instalacións.  

21 de  Maio:


No IES “Pedra da Aguia “ cos alumnos/as de 2º da ESO, os responsables da asociación INTEGRO de Nantón van a explicarnos: que son as lesión medulares ,consecuencias deste tipo de lesións e  o máis importante como previlas . O Grupo de encontro das nais e país do IES, terán un encontro cos responsables das tres asociacións mais importantes da nosa comarca que traballan con persoas con distintas discapacidades. Informarannos do seu traballo, das dificultades que atopan, das satisfacción, do seu dia a dia …

18 de Xuño:


Os responsables de INTEGRO volverán a visitarnos, xa preto do verán .Estarán  nos coles de primaria cos rapaces/as de 5º e 6º  para facernos entender que nesto das lesións medulares, non hai concesións,  o importante e previr.

Durante do mes de marzo:


Colaborando co IES Pedra da Aguia traballaremos cos rapaces e rapazas de 1º da ESO .Tentando desenvolver actividades de busca de información ,organización da información e presentación dun traballo. No CEIP “O Allo” desenvolveremos un obradoiro de mellora da lectura, de similares características o que xa se levaron a cabo o trimestre pasado cos/as alumnos/as de 5º de primaria no CEIP “O Areal de Camariñas”.

Maio — Xuño:


Obradoiros de bebidas saudables para alumnos/as de 3º e 5º de primaria nos dous centros escolares de primaria.


Información :
Casa de Pedra de Camariñas
Teléfono 981737004
Ou nos centros escolares

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.