1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

Dende a Axencia de Desenvolvemento Local informámosvos de que recibimos unha comunicación no concello por parte da Dirección Provincial da Coruña do Ministerio de Empleo y Seguridad Social comunicándonos que a partir do 16 de febreiro de 2012 implantarase no Servicio Público de Empleo en toda a súa rede de oficinas de prestacións da provincia da Coruña un novo servizo de atención ó cidadán. As persoas que necesiten realizar calquera trámite ou xestión sobre prestacións por desemprego serán atendidas mediante o sistema de cita previa.

A solicitude da cita poderá facerse por Internet ou por teléfono a partir do 13 de febreiro. Os usuarios / as serán atendidos / as no prazo máximo de 3 a 5 días hábiles dende a solicitude da cita.

Dende o SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) informan de que a posta en marcha deste servizo de cita previa permitirá alcanzar unha maior capacidade organizativa no seu traballo o que repercutirá nunha atención de maior calidade.

A partir do 13 de febreiro poderase solicitar cita a través das seguintes opcións:

-     Por Internet. Os datos que se requiren son código postal e DNI. O sistema facilita a identificación da oficina á que debe dirixirse e os datos da cita (data, hora e número de orde)
-        Por teléfono. Chamando ó 901 01 02 10

ENLACE Á PÁXINA DO SEPE PARA SOLICITAR CITA POR INTERNET
http://www.sepe.es/citaprevia


MÁIS INFORMACIÓN:


CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Engadir un comentario