1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xaneiro exames para a obtención dos carnéts profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2012 das seguintes especialidades:

Especialidades:


-      Operador / a industrial de caldeiras
-      Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-      Instalador / a de gas, categoría A
-      Instalador / a de gas, categoría B
-      Instalador / a de gas, categoría C
-      Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-      Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-      Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-      Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-      Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-      Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
-      Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
-      Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-      Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.


REQUISITOS:


-      Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente
-      Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

PRAZO:


-      Convocatoria ordinaria: Do 16 ó 27 de xaneiro de 2012
-      Convocatoria extraordinaria: Do 2 ó 13 de xullo de 2012           

TASAS DE EXAME: 38,37 €.

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120116/AnuncioC3F1-110112-10864_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Engadir un comentario