1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, vén de convocar cursos preparatorios de galego para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 70 horas. As datas de realización serían entre os meses de marzo e maio. O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicita-los cursos á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposición da Xunta de Galicia, Sergas, prazas nas administración locais…

Si estades interesados / as nos cursos anotádevos na Casa de Pedra na Axencia de Desenvolvemento Local ata o 26 de xaneiro (inclusive) en horario de 8:00 a 15:00.

Engadir un comentario