1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os Reis Magos veñen este ano 2012 a Camariñas da man de Juan Cabrejo

Facer máis con menos. En realidade facer todo con nada, sin que ás arcas do noso concello lle coste un só céntimo de euro. Este é o peculiar modo de levar as cousas na súa concellería de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Concelleiro de Cultura e Deportes e que este  xoves 5 de xaneiro vai ter un novo exemplo ca celebración da Cabalgata de Reis Magos. Arrancará, arrancou, as 12:00 da mañá no núcleo de Brea, unha especie de Kaliningrado camariñán, para chegar máis ou menos á hora en que se escribe esta noticia, 12:30 h, a Santa Mariña. Logo virán Arou (13:00 h), Camelle (15:30 h), Ponte do Porto (17:00 h), Xaviña (18:30 h) e finalmente Camariñas a partir das 20:00 horas, ben na Praza do Concello ben no Pavillón, dependendo da metereoloxía. Uns cantos empresarios patriotas camariñáns que non deron a espalda ás ilusións de tantos e tantos cativos ao longo do noso concello e fixeron un importante esforzo nestes tempos de crise galopante xunto ca labor imprescindible, necesaria, calada pero vital do persoal municipal de vías e obras (a nosa queirda PMO) e Protección Civil fan posible a realización do evento. Todos eles, mailo Coro de Mulleres, recollen o xusto recoñecemento de Juanillo na nota informativa que adxuntamos.

Gracias as empresas colaboradoras por facer que a cabalgata sexa posible e deste xeito o concello non poña nin un peso. Agradecer tamén a inmensa labor que realizaron os meus compañeiros Sergio Caamaño e Sandra Ínsua porque sin a súa axuda non sería posible contar coa colaboración das empresas patrocinadoras

Agradecer a tódalas persoas que participan no evento dun xeito desinteresado porque gracias a elas é posible que teñamos a Cabalgata 2012.
Además agradecer ao Coro de Mulleres do Concello que vai actuar de xeito desinteresado na praza do Concello coincidindo coa chegada dos Reis Magos  a dita praza, será ao redor das 20:00 horas máis ou menos.

Juan Manuel Cabrejo Pasantes

Comentarios   

E logo ti de quen es
0 # Lo más bonito de la NavidadE logo ti de quen es 05/01/2012 23:35
Sin duda lo más bonito de la Navidad, la ilusión de los niños, desbordante la Noche de Reyes, Felices Reyes para todos.
Responder | Denunciar ante o administrador