1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juan Cabrejo, o organizador de todos e cantos actos deportivos e culturais se desenrolan dende o Concello de Camariñas

Cando aquí decimos que corren días de gloria para o deporte no noso concello non se fala por falar. Desta volta o maxín de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor concelleiro de deportes da historia de Camariñas e camiño de ser o mellor concelleiro da historia, así a secas, ideou unha xornada de exaltación e homenaxe ao deporte que dende alá nos anos 80 se presenta como maioritario en participación masiva nas nosas terras: o futbito. E así este venres 23 de decembro, na mañán procederase  na Praza do Mercado á inscripción dun competitivo torneo de 3x3 e á noitiña, a partires das 21:00 horas, celebrarase un partido de altura entre a Asociación Galega de Xogadores de Fútbol Sala e unha Selección de Xogadores da Segunda División B e da Terceira, xente atraída cara o Pavillón Municipal de Camariñas polos cantos de sirea de Juanillo.

Vese que o teléfono do despacho do Mago de Corea botou fume porque non só foi quen de reunir para deleite das xentes do seu concello  a antigos amigos e compañeiros de andaina profesional senón que, conforme é habitual en el, logrou que o coste de todo este movemento lle saia ao concello por unha cantidade mínima ao lograr movilizar a uns cantos empresarios patriotas camariñáns para sufragar os gastos. A todo elo debe sumarse a instalación en Arou, Camelle, Xaviña e na Ponte do Porto duns hinflables de precisión que farán as delicias dos pequenos e de seguro de algún que non é tan pequeno. En definitiva, unha xornada de exaltación do fútbol sala que sen dúbidas movilizará aos numerosos futboleros existentes nas nosas terras gracias ao esforzo e dedicación do home que, de forma calada, sen parafernalias, sen grandes aspaventos, tan só a base de traballo, está a facer historia dende un humilde despacho da Casa Consistorial.

 

Comentarios   

samsam
0 # DIA DO FUTBOLsamsam 24/12/2011 09:54
SIN DUDA FUI UN GRAN EXITO, DABA JUSTO VER OS DA CATEGORIA BIBERON OS MAIS PEQUENIÑOS DANDOO TODO,,, JAJAJAJAJAJ
Responder | Denunciar ante o administrador
carlinhos
0 # RE: Día do Fútbol Sala no Concellocarlinhos 27/12/2011 14:45
tes q subir as fotos
Responder | Denunciar ante o administrador