1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Seminario de Motivación Emprendedora organizado polo Concello de Camariñas

O sábado realizamos o Seminario de Motivación Emprendedora no Concello de Camariñas. Doce veciños e veciñas asistiron a este primeiro seminario que forma parte dun itinerario formativo de BIC Galicia. Os participantes pertencían a distintos perfís: estudiantes, amas de casa, desempregados, traballadores por conta allea e autónomos. “Emprender é a mellor forma de saír desta crise”. Esa foi a frase que usei para presentar o seminario. E é por iso que dende o Concello de Camariñas estamos traballando para formar e axudar ós emprendedores.

O obxectivo do seminario foi motivar e informar das ferramentas que dispón a administración pública para axudar a crear unha empresa. Así, demos moita información e contestamos a pregunta máis importante: por que emprender? Se es unha persoa que queres adicarte ao que che gusta, que viches unha oportunidade de negocio, que tes iniciativa, que tes necesidade ou que queres escapar do teito de cristal que supón traballar por conta allea, tela resposta.

O concelleiro Sergio Caamaño estivo presente no seminarioTamén contamos ca aportación da experiencia práctica dunha emprendedora de Camariñas, Belén Castro Lema (Bolboreta) que nos contou os obstáculos polos que pasou e as vantaxes de ter un negocio. Belén, con 19 anos, tivo que deixar de estudiar por motivos persoais. A raíz diso comezou a súa vida como emprendedora. O primeiro paso, contaba, foi acudir ó Concello onde a Axencia de Desenvolvemento Local lle axudou en todo o proceso de creación da súa empresa.

Elixíu unha librería porque sempre lle gustaron os libros e había pouco que pechara unha na zona. E compaxinou a librería cunha floristería xa que se lle daba ben a decoración. Para Belén a competencia é boa, xa que cantas máis empresas haxa nunha zona máis clientes se atraen. Para atraer ós Belén Castro Lema expuxo ás súas experienciasclientes sempre andaba cambiando o escaparate. “Se notaba que ninguén miraba para o escaparate sabía que era o momento de cambialo”, relataba. E para diferenciarse dos demais buscaba outros produtos e novidades que ofrecerlle ós clientes.

Máis tarde xurdiron outros negocios, como foi a Administración de Loterías gracias a lectura continua que facía do BOE e unha cafetería orientada á mulleres e persoas maiores onde se distinguiría polo chocolate con churros e por ser un local con accesibilidade para persoas con minusvalía. Quédome cunha frase dela, “Ó principio sempre xurden complicacións, por iso a información inicial e a formación son primordiais”.

Aínda que o seguinte Seminario, Xeración e Maduración de ideas, tamén se pode facer na plataforma virtual de BIC Galicia, o Concello de Camariñas tratará de organizalo de forma presencial aquí en Camariñas. Todos aqueles interesados en montar un negocio, hoxe ou nun futuro, convídovos a pasarvos pola Casa de Pedra a apuntarvos a este curso formativo.

Engadir un comentario