1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Concello de CamariñasO vindeiro sábado 2 de xullo ás 20:00h a Escola Municipal de Teatro representará unha divertida e amena obra na Casa de Pedra de Camariñas. Os rapaces dirixidos por Bernardino Martínez poñerán o colofón desta forma a todo un exercicio adicado ao teatro e de seguro que estarán arroupados polos seus pais que non se perderán un detalle da ópera prima dos seus filliños. Esperamos que os nervos non inflúan ante as cámaras que alí destacará camarinas.eu para cubrir informaticamente este acto e presenciemos unha representación redonda. Sorte a todos os nenos.

Título da obra: Unha Historia de medo.
Sinopse: Divertida posta en escea que parodia os clásicos do cine de terror ou suspense como Psicosis, A Matanza de Texas e Os Paxaros. 
Monitor de expresión dramática: Bernardino Martínez Castiñeira

Engadir un comentario