- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 30 Xuño 2011 30 Xuño 2011
As persoas que se anotaron á convocatoria pública da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 17 de marzo de 2011 (DOG 28/03/2011) para o recoñecemento das competencias profesionais de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención a persoas dependentes en institucións sociais xa poden consultar a través da páxina oficial da Xunta de Galicia a listaxe provisional de admitidos e excluídos.
As persoas excluídas poderán corrixir o defecto que motivase a súa exclusión ou omisión ata o día 7 de xullo (incluído)
Para consultar listaxe pulsa neste enlace
Máis información contactar na Casa de Pedra coa orientadora laboral.