1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

Debido á entrada en funcionamento do horario de verán lembrámosvos que entre o 15 de xuño e o 15 de setembro  o horario para renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego no Punto de Información Dixital da Xunta de Galicia instalado na Casa de Pedra é de luns a venres de 8:00 a 14:00.

Lembrarvos tamén que o 24 de xuño con motivo da festividade local do San Xoán a Casa de Pedra permanecerá pechada nesa data polo que as persoas que teñades que renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego ese día podedes facelo o luns 27 de xuño no horario habitual.

 

Fonte: Concello de Camariñas

Engadir un comentario