1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Un amplio abanico de actividades inundará as xornadas do verán camariñán

Este sábado 11 de xuño de 2011 constitúese unha nova corporación municipal en Camariñas e como herencia recibe o legado da organización das actividades de verán ao longo de todo o Concello. Un programa amplio e diversificado diseñado pola que foi a anterior concelleira de cultura e deportes na que punto estrela do mesmo reluce a figura do Obradoiro Deportivo e Cultural. O programa lúdico-deportivo continúa polo tanto como forte aposta da corporación municipal a pesares do forte esforzo que elo trae aparellado e todo elo para facer do verán 2011 en Camariñas un período de lecer no cal os nosos cativos non darán por perdido nin un segundo.


ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN

OBRADOIRO CULTURAL E DEPORTIVO
Actividade orientada a nen@s NAD@S ENTRE 2007 e 2000 ambos incluídos que se desenvolverá en CAMARIÑAS EN HORARIO DE 10 A 13´30.
HABERÁ DISFRACES, SAÍDAS ÁS PRAIAS, FESTAS, COMIDAS SAUDABLES, INGLÉS
No caso de ter máis inscricións que prazas farase un sorteo o día 27 de xuño no Concello ás 16 horas.
UN MÍNIMO DE 30 PAR LEVALO A CABO.
GRUPO nad@s entre 2007 e 2005 ambos incluidos: máximo 20
GRUPO nad@s entre2004 e 2002 ambos incluidos: máximo 20
GRUPO nad@s entre 2001 e 2000 ambos incluidos: máximo 20
1ª QUENDA (XULLO) Do 4 ao 15 de xullo 2ª QUENDA (XULLO) 20 ao 02 de agosto
3ª QUENDA (AGOSTO) Do 3 ao 17 de agosto 4ª QUNEDA (AGOSTO) 18 ao 31 de Agosto
As renovacións faranse nos pavillóns (dirixíndose ao responsable, 3 días antes de rematar a quenda entregando o xustificante de pago)
As novas inscricións da 2ª,3ª,4ª quenda faranse no CONCELLO en horario de mañá 2 días antes de rematar as quendas.
TERÁN PREFERENCIA AS RENOVACIÓNS ANTES QUE AS NOVAS INSCRICIÓNS.
Datas: Os meses de Xullo e Agosto. (NON HABERÁ CLASES OS DÍAS 18 E 19 DE XULLO)
Lugar e prazo de inscrición: Hai de prazo ata o 24 de xuño para a 1ª quenda.
Para inscribirse chamar ao Concello de Camariñas (981-736000)
CUSTO INDIVIDUAL: Cada quenda terá un custo de 20€. NO CASO DE REPETIR QUENDA: 10€.
CUSTO FAMILIAR POR QUENDA: 1º MEMBRO: 20€; 2º MEMBRO: 10€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€ NO CASO DE REPETIR QUENDA: 1º MEMBRO: 10€; 2º MEMBRO: 5€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€
HABERÁ BUS PARA DESPRAZAR AOS NEN@S DO RESTO DE PARROQUIAS

OBRADOIRO MULTIAVENTURA

Actividade orientada a nen@s nad@s entre 1999 e 1996 ambos incluídos anos que se desenvolverá en CAMARIÑAS EN HORARIO DE 10 A 13´30.
No caso de ter máis inscricións que prazas farase un sorteo o día 27 de xuño no Concello ás 17 horas.
HABERÁ ROTEIROS DE SENDEIRISMO ANDANDO OU EN BICI, ACTIVIDADES DEPORTIVAS NAS PRAIAS, KAIAKS, COMIDAS SAUDABLES, 1º AUXILIOS, BODY BOARD, ORINETACIÓN, TIROLINAS, TIRO CON ARCO….
30 PLAZAS EN TOTAL, UN MÍNIMO DE 15 PAR LEVALO A CABO.
1ª QUENDA (XULLO) Do 4 ao 15 de xullo 2ª QUENDA (XULLO) 20 ao 02 de agosto
3ª QUENDA (AGOSTO) Do 3 ao 17 de agosto 4ª QUNEDA (AGOSTO) 18 ao 31 de Agosto
As renovacións faranse nos pavillóns (dirixíndose ao responsable, 3 días antes de rematar a quenda entregando o xustificante de pago)
As novas inscricións da 2ª,3ª,4ª quenda, faranse no CONCELLO en horario de mañá 2 días antes de rematar as quendas.
TERÁN PREFERENCIA AS RENOVACIÓNS ANTES QUE AS NOVAS INSCRICIÓNS.
Datas: Os meses de Xullo e Agosto. (NON HABERÁ CLASES OS DÍAS 18 E 19 DE XULLO)
Lugar e prazo de inscrición: Hai de prazo ata o 24 de xuño para a 1ª quenda.
Para inscribirse chamar ao Concello de Camariñas (981-736000)
CUSTO INDIVIDUAL: Cada quenda terá un custo de 20€.
CUSTO FAMILIAR POR QUENDA: 1º MEMBRO: 20€; 2º MEMBRO: 10€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€
NO CASO DE REPETIR QUENDA: 1º MEMBRO: 10€; 2º MEMBRO: 5€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€
HABERÁ BUS PARA DESPRAZAR AOS NEN@S DO RESTO DE PARROQUIAS

CURSO DE INICIACIÓN Á VELA LIXEIRA

Datas: Dende o día 4 de xullo ao derradeiro día laborable de agosto (31 de agosto)
Idades: Destinado a persoas nad@s dende 2003 en adiante e que saiban nadar.
Horario: 10´00 a 13´30.
Lugar: Peirao de Camariñas.
O curso divídese en cursiños de 10 días laborables de luns a venres (NON HABERÁ CLASES OS DÍAS 18 E 19 DE XULLO)
Cada cursiño ten un coste de 30 € por persoa + 16 € da licenza. @s nen@s do Colexio de Camariñas, IES Pedra da Águia e CEIP de Ponte do Porto que estiveron participando na actividade de O MAR NA ESCOLA durante o curso NON TEÑEN QUE PAGAR A LICENZA.
Prezo familiar (pai, nai irmáns): O primeiro membro da familia pagaría 30 €, o segundo 18€, o terceiro 12€ e o cuarto ou máis 6€. No caso de non ter licenza, cada participante tería que tramitar a súa licenza TIPO ESCOLA (16€)
O número máximo que temos de prazas serían 20 por quenda.
Quedarán exent@s do pago das taxas:
Aquelas persoas pertencentes a núcleos familiares beneficiarios da Renta de Integración Social de Galicia (RISGA), así com as persoa maiores de 65 anos e ademais, respecto aos Obradoiros, todas aquelas persoas membros de unidades familiares usuarias de servizos sociais que conte co preceptivo informe de Servizos Sociais do Concello de Camariñas favorable á exención.

ACTIVIDADES NAS PRAIAS
PRAIA DE AROU @S NEN@S DE 8 A 14 ANOS PODERÁN DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dunha táboa de BODY-BOARD OS VENRES do 22 de Xullo ao 19 de Agosto DE 17-19 HORAS. Para inscribirse só hai que estar presente na praia e apuntarse co Monitor que estará alí. É IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.
PRAIA DE LINGUNDE (Camariñas) AS PERSOA MAIORES DE 8 ANOS PODERÁ DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dun KAIAK (piragua) os sábados (23 e 30 de Xullo, 6, 13, 20 de Agosto) DE 16´30-18´30 HORAS. Para inscribirse só hai que estar presente na praia e apuntarse c@ Monitor-a que estará alí. É IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.

 

Engadir un comentario