A área de Igualdade do Concello de Camariñas e o  I.E.S Pedra da Aguia de Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizados polo móbil chamado "A Igualdade: Missión Possible". Esta  actividade participativa  de sensibilización e de prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista do seu propio aprendizaxe.

Das catro curtametraxes resultantes elixiranse as dúas mellores, por medio dun premio a mellor curtametraxe elixida por un xurado especializado e un premio ao mellor corto elixido polo público. Os premios non poderán ser acumulativos. Se o premio do público coincide na curtametraxe galardoada polo xurado, será a seguinte en orden de votación a que obteña o premio.

As catro curtametraxes poderán visionarse no blog da biblioteca do I.E.S Pedra da Aguía pedradaaguia.blogspot.com e na web oficial do concello camarinas.net. Xa sabedes visionade as curtametraxes, votade e implicádevos!!!!!!!!

Comentarios   

Salaño
+1 # RE: Concurso de curtametraxes por móbilSalaño 02/06/2011 21:05
Estupenda iniciativa, dende todos os puntos de vista, xa no eido educativo, coma no creativo.

E quen sabe! quizáis das fermosas terras e mares de Camariñas salan os novo/as Costa-Gravas ou Loach!!

Avanti!!
Responder | Denunciar ante o administrador