- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 07 Febreiro 2011 07 Febreiro 2011
Dentro da “Campaña Bocaberta”, a Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Camariñas xunto coa editorial Tambre, a través do Servizo de Planificación Lingüística (dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística) da Xunta de Galicia, organiza un Obradoiro Teatral.
O obradoiro leva por título Sr. Mundo, Dígame? con poemas do libro Cacarabín, cacarabón de Antonio García Teijeiro e coa interpretación de Factoría Teatro.
Vai dirixido a un público de 6 a 8 anos. Duración do espectáculo aproximadamente 50 minutos. Asistirán tódolos centros educativos do Concello sen custe algún para os mesmos.
Día, hora e lugar de realización: 8 de febreiro de 2011, ás 10:30 na Casa de Pedra.