5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (4 Votes)

O CONCELLO DE CAMARIÑAS REALIZA UN PROGRAMA DE PROMOCION DO TRABALLO COOPERATIVO E DE COMERCIALIZACION DE ENCAIXE.

A Axencia de desenvolvemento local do concello de Camariñas  está a desenvolver o programa de promoción do traballo cooperativo e de comercialización de encaixe subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. Este programa ten como obxectivo mellorar a competitividade, comercialización e intercooperación das empresas de venda de encaixe de do Concello.

As actuacións iniciaronse cun achegamento a estas empresas para coñecer as características e necesidades deste sector e promover o traballo cooperativo éntrelas. Ademáis este programa realiza actividades formativas sobre cooperativismo, comercialización ademais de promover o intercambio de experiencias e a aplicación das novas tecnoloxías na comercialización e promoción do encaixe de Camariñas.

A Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) e SINERXIA desenvolven estas actividades contando para o traballo de campo e dinamización co técnico Bernardino Martinez Castiñeira.

María Jiménez Sánchez
Concello de Camariñas (A Coruña)
Praza da Insuela s/n
Telf: 981 73 70 04 Fax: 981 73 61 99
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.camarinas.net

Engadir un comentario