5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Co novo curso o Concello de Camariñas, a través da Concellería de servizos sociais, igualdade e saúde, poñe a andar os obradoiros educativos dentro dos centros escolares.No CEIP “ O Areal “ en Camariñas comezaron o dia 19 deste mes os Obradoiro para igualdade para os rapaces de 4º de primaria, para seguir o 26 de outubro , 2 e 9 de novembro . Seguiran o 27 de outubro, 3 , 10 e 17 de novembro no CEIP de Ponte do Porto

As Bebidas Saudables van estar nas aulas dos alumnos do CEIP “o Allo” de Ponte do Porto o mércores 27 de outubro. Todos os rapaces de 3º de primaria poderán coñecer estas bebidas , elaboralas e mesmo probalas. Tamén vamos a traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos co alumando de 6º de primaria

No CEIP  “o Allo” de Ponte do Porto os días 3,17,23 e 24 de Novembro.
No CEIP “O Areal “ de Camariñas os días 26 de outubro ,2,9 e 16 de novembro.

Coa desculpa de expresar o rexeitamento a violencia de xénero vamos traballar cos alumnos de 4º da ESO  do IES Pedra da Aguia a prevención da violencia de xénero os días 4,11 e 25 de Novembro.Dende este departamento queremos agradecer toda a colaboración prestada polo profesorado e equipos directivos dos centros para levar a cabo todos estes anos este tipo de iniciativas.

Tamén recordar que o próximo luns dia 25 de outubro as 11:00 horas, na “Casa do Alemán” de Camelle, darán comezo o novo curso de “Preescolar na casa” para os nenos/as de entre 0 e 3 anos e os seus  pais /nais.

Mº Carmen Linares Chica
Concelleira de servizos sociais , igualdade e saúde.

Engadir un comentario