5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

 

Dentro do programa “Dinamización de destino turístico: Camariñas” cofinanciado pola Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Camariñas e de la Asociación de Empresarios de Camariñas, do 29 de outubro ao 1 de novembro, o Concello de Camariñas estará presente en EXPOGALAECIA, Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía que se celebrará en Vigo. Prevese a asistencia de máis de 50.000 visitantes e Tour Operadores e Axencias de Viaxes de Alemania, Francia, Bélxica, Portugal,  Inglaterra e España. Na mañá do venres 29 de outubro estas axencias reuniranse con hostaleiros de Camariñas para pechar negocios mediante unha axenda con citas pechadas pola organización do salón.

A participación nestas mesas de contratación é gratuíta, correndo o Concello de Camariñas coa inscrición na feira e có estand. Tamén se contratará a unha interprete que permita a comunicación coas axencias e tour operadores estranxeiros. O estand contará tamén coa presenza de palilleiras de Camariñas

Previamente, o venres 15 de outubro, as 10:30 da mañá no Salón de Plenos do concello, o Alcalde de Camariñas convoca a unha xuntanza na que se informará de este evento. Están invitados a participar todos os aloxamentos e restaurantes de Camariñas, estes últimos sempre que teñan un comedor con capacidade para polo menos 50 comensais. Os establecementos interesados deberán inscribirse antes do martes 19 de outubro.

Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local da Casa de Pedra ou no teléfono 981 73 70 04

Manuel V. Alonso de León
Alcalde de Camariñas


 

Engadir un comentario