4.3333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.33 (3 Votes)
Concello de CamariñasEstimada veciña ou veciño:
O vindeiro xoves 6 de outubro ás 8:00 da tarde terá lugar no salón de actos da Casa de Pedra de Camariñas unha xuntanza informativa sobre o Programa de axudas do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte. Neste acto, os técnicos responsables da xestión das axudas explicaran os criterios para a súa concesión, o procedemento e a documentación necesaria, tamén responderan ás preguntas das persoas interesadas.

Esperamos contar coa súa presenza.
Reciba un cordial saúdo.

Camariñas, 30 de setembro de 2010.

O Alcalde
Manuel V. Alonso de León

Xornada de Difusión e Información Grupo de Acción Costeira Costa da Morte

Data: Mércores 6 de Outubro de 2010
Hora: 20:00
Lugar: Casa de Pedra – Camariñas
Entrada: Gratuíta

A xornada está destinada a emprendedores, promotores privados, confrarías, asociacións, entidades públicas locais e o público en xeral interesado no programa de axudas.

PROGRAMA

- Introdución Eixe 4 Fondo Europeo de Pesca – Desenvolvemento sustentable das zonas de pesca.
- Grupo de Acción Costeira Costa da Morte (GAC 3) – Territorio de Actuación.
- Intensidade das axudas.
- Criterios de Concesión de Axudas :

  1. Finalidade dos proxectos.
  2. Liñas de actuación que se subvencionan.
  3. Beneficiarios.
  4. Gastos excluídos.
  5. Non inicio.
  6. Compromisos.
  7. Compatibilidade.

- Procedemento de Concesión de Axudas.
- Documentación.
- Rolda de preguntas.


Engadir un comentario