Tiras de sabrosa carne galega esperan o momento de ser degustadas opípramente polos socios do CNC
Tiras de sabrosa carne galega esperan o momento de ser degustadas opípramente polos socios do CNC

Cando alá nas décadas dos anos sesenta e setenta, os emigrantes galegos que pouco a pouco comenzaban a retornar da Arxentina e Uruguay introduxeron nos costumes locais un novo prato, fácil na súa condimentación e preparación, ninguén podía predecir que aquel manxar sobrio e espartano acabaría por converterse nun dos símbolos culinarios galegos por excelencia. Estamos a falar do churrasco, dos tradicionais asados de carne vacuna, porcina ou avícola que, chorizos criollos de por medio, cambiaron as infinitas extensións das pampas arxentinas por un tambor de lavadora reciclado á vista de calqueira viandante das rúas da Costa da Morte ou por amplias parrilladas omnipresentes en festas populares e chiringuitos berbeneros. Unha destas parrilladas, sabrosa e pródiga, ocupará o seu lugar este sábado 10 de xullo, ás 21:30 horas, no Muelle Novo camariñán, a carón de barcos e veleiros, e nela serán asadas as carnes galegas que poderán degustar os socios do Club Náutico de Camariñas e os acompañantes que con eles se acerquen polas instalacións do que foi o primer Club Náutico do que se tivo noticia nestas afastadas terras atlánticas.


Comentarios   

toxo
+2 # RE: Gran Churrascada de Veran no CNCtoxo 07/07/2010 21:01
PARA CUANDO VACIO Y MOLLEJAS???
O MATAMBRITO DE CERDO CONDIMENTADO CON HIERBAS Y LIMON???
O QUIZÁ MATAMBRE DE VACA A LA PIZZA??
AVISEN Y PROBAMOS UN DIA DE ESTOS.......
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+1 # RE: Gran Churrascada de Veran no CNCrodriguezlemamaricarmen55 10/07/2010 16:55
BUENO TOXO SOS MUY EXIGENTE LO QUE IMPORTA ES LA EXCUSA PARA LA REUNIÓN...JA
Responder | Denunciar ante o administrador