4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (2 Votes)

Nota de prensa que nos envía fran Puga Bestilleiro dendeo Concello de Camariñas e na que se nos indica o programa de deportes para nenos que se levará a cabo este verán en Camariñas.

Nota de prensa de Fran Puga - Deportes Concello de Camariñas

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas

Envío esta información por se considerades interesante a súa defusión. Ademais tamén vos envío unha carta que lles envíamos aos rapaces do Concello respecto do curso de vela promovido dende a Deputación de a Coruña. Este curso como aparece reflectido na carta, no caso de cubrir o nº de usuari@s que nos marca a Deputación implicará a entrega dun barco escola tipo Omega, o cal como é evidente ven moi ben aos posibles cursos futuros de vela que se desenvolven tanto no Concello como no Club Náutico. Tamén informarvos que o mércores día 23 de xuño ás 12 horas no Club Náutico de Camariñas, terá lugar o acto de entrega da embarcación por parte do Presidente da Deputación de A Coruña, D. Salvador Fernández Moreda ao Alcalde de Camariñas D. Manuel V. Alonso de León.

Estades convidados ao acto como non podía ser doutro xeito.

Saúdos

Carta enviada aos rapaces-zas dos centros educativos do Concello no día de onte

Estimados pais:

Despois da reunión mantida o venres día 4 de xuño na Deputación de A Coruña, respecto da campaña de vela que vai desenvolver a Deputación por primeira vez en Camariñas e que oferta a posibilidade, a 40 persoas de entre 9 e 18 anos do noso Concello e comarca, que podan participar dos Cursos de Vela do 28 de xuño e 2 de xullo, conqueriuse que a taxa da actividade marcada pola Deputación pase de ser de 25€ persoa a 15€ persoa.

É fundamental para o desenvolvemento futuro da vela en Camariñas, conquerir ese número de interesad@s, xa que implica conquerir unha embarcación nova para a nosa flota de barcos.

Para anotar aos vos@s fill@s en dita campaña, só tedes que vir ou chamar ao Concello (Departamento Deportes) para cubrir unha ficha de preinscripción ata o 22 de xuño (incluido), para posteriormente facer a inscrición definitiva o xoves 24 de xuño.

Para máis información non dubidedes en chamar ao Concello de Camariñas, de luns a venres de 9´30 a 13´30 ao 981-736000 e preguntar por Fran Puga o Técnico de Deportes. 

A Concelleira de Cultura, Deportes e Educación
Sandra Insua Rial

 Deporte

LUGAR: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CAMARIÑAS

1ª QUENDA (XULLO) Do 5 ao 15 de xullo/2ª QUENDA  (XULLO) Do 19 ao 30 de xullo/ 3ª QUENDA (AGOSTO) Do 2 ao 13 de agosto/4ª QUNEDA (AGOSTO) 16 ao 27 de Agosto/5ª QUENDA (AGOSTO-SETEMBRO) 30 de Agosto  ao día anterior de comezo das clases de Infantil e Primaria.

As renovacións faranse nos pavillóns (dirixíndose ao responsable, 4 días antes de rematar a quenda)

As novas inscricións da 2ª,3ª,4ª e 5ª quenda faranse no pavillón de 9´30-10 da mañá os días que hai clase 2 días antes de rematar as quendas.

TERÁN PREFERENCIA AS RENOVACIÓNS.

Datas: Os meses de Xullo, Agosto e 1ª semana de Setembro.

Lugar e prazo de inscrición: Hai de prazo ata o 26 de xuño para a 1ª quenda no Concello de Camariñas (981-736000)

HABERÁ BUS PARA @S INTERESAD@S DAS DIFERENTES PARROQUIAS

Vela

Nad@s dende 2002 (incluido)

O número máximo que temos de prazas serán 30 (30 pola mañán e 30 pola tarde) por quenda. O horario de tarde estará destinado preferentemente para @s maiores de 18 anos e o da mañá para @s menores.

O curso divídese en cursiños de 10 días laborables de luns a venres.

Cada cursiño ten un coste de 30 € por persoa + 16 € da licenza. Os nen@s do colexio de Camariñas, IES Pedra da Águia e CEIP de Ponte do Porto que participaron na actividade de “O MAR NA ECOLA” durante o curso NON TEÑEN QUE PAGAR A LICENZA.

Prezo familiar (pai, nai irmáns): O primeiro membro da familia pagaría 30 €, o segundo 18€, o terceiro 12€ e o cuarto ou máis 6€. No caso de non ter licenza, cada participante tería que tramitar a súa licenza TIPO ESCOLA (16€)

Data de comezo: 5 de xullo

IMPRESCINDIBLE SABER NADAR

BODY-BOARD 

PRAIA DE AROU @S NEN@S DE 8 A 14 ANOS PODERÁN DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dunha táboa de BODY-BOARD OS VENRES  do 23 de Xullo ao 20 de Agosto DE 17-19 HORAS. Para inscribirse só hai que estar presente na praia e apuntarse co Monitor que estará alí. É IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.

KAIAKS

PRAIA DE LINGUNDE (Camariñas) AS PERSOA MAIORES DE 8 ANOS PODERÁ DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dun KAIAK (piragua) os sábados (24 e 31 de Xullo, 7, 14 e 21 de Agosto) DE 17-19 HORAS. Para inscribirse só hai que estar presente na praia e apuntarse co Monitor que estará alí. É IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.

AS INSCRICIÓNS FARANSE NO CONCELLO DE CAMARIÑAS DE LUNS A VENRES DE 9´30 A 13´30 NOS PRAZOS E DATAS DEFINIDAS CON ANTERIORIDADE.

TELÉFONO: 981-736000

Todas as actividades que teñan un custo para o usuari@ para poder participar nelas, gozarán de exención do pago todas aquelas persoas pertencentes a un núcleo familiar beneficiario de RISGA e @s maiores de 65 anos.

SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDEACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLERÍA DE CULTURA DEPORTES E EDUCACIÓN


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.