5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (3 Votes)

Nota de prensa enviada pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Camariñas na que se nos comunican os requisitos para optar pola prestación económica que se otorga por ter fillos menores de 3 anos.

A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexen a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos/as menores  de tres anos  para o ano 2010.

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2010 (nados entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008, non estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF. Quedan excluídas aquelas unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, superasen no exercicio 2008 os 22.000 €, sumadas as bases impoñibles xeral e do aforro da declaración. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2008 e o 31 de decembro de 2009; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.

Requisitos

  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.

Documentación:

  • Solicitude segundo o modelo oficial (Anexo I) e, o anexo II.
  • Copia do DNI dos pais, só no caso de non dar autorización a Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio da Presidencia os datos dos seus DNI.
  • Copia do libro de familia.
  • Fotocopia da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
  • Volante de empadroamento colectivo expedido polo Concello. *Se xa recibiu a axuda no ano 2009 non lle fai falla.

Importante: Se o solicitante xa recibiu a prestación no ano 2009, só terá que enviar a solicitude (Anexo I), sempre e cando se manteñan as mesmas circunstancias persoais, xurídicas e económicas.



Prazo: 26 de xuño de 2010
Para máis información diríxanse ós Servizos Sociais ou chamando ó telef.: 981-73 70 04
Camariñas, 11 de maio de 2010
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde,
Mª Carmen Linares Chica


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.