- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 12 Mai 2010 12 Mai 2010
Nota que nos envían dende o Concello de Camariñas e concretamente dende a organización da Mostra do Encaixe de Camariñas. Nela faisenos saber os intentos por parte do Concello para internacionalizar o noso Encaixe de Camarinas.

Devota & Lomba comercializa prendas con Encaixe de Camariñas dende que o aplicou na colección de pret-porter de outono-inverno 06/07 e na colección de noivas 2007.
Model Noivas dende fai anos vén colaborando nos desfiles da Mostra do Encaixe e, a raíz desta presenza, tamén comercializou vestidos de comunión e noiva con Encaixe de Camariñas. Nesta ocasión presentará a colección primavera - verano 2011 o próximo mércores, 19 de maio, en Barcelona Bridal Week. Os deseños desta colección levarán Encaixe de Camariñas realizado en seda e, como broche final, unha noiva desfilará cun “bobiné”; trátase dunha réplica dun velo de principios do s. XX que foi doado polo pobo de Camariñas á raíña Victoria Eugenia. Ademais a firma Model Novias obsequiará á prensa asistente uns corazóns realizados coa técnica do Encaixe de Camariñas en fío de prata. Dende a dirección de Model Novias están moi satisfeitos co resultado e esperan que a comercialización sexa todo un éxito.
Tamén queremos dar a coñecer que tres palilleiras do noso concello estarán presentes esta fin de semana na XI Feira de San Isidro, en Mosteiro – Pol ( Lugo ), e terán a súa disposición un stand de 6 x 2 m. no que expoñerán unha gran variedade de pezas realizadas con Encaixe de Camariñas.
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Encaixe, Turismo e Traballo.
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004 - 677433532
Fax: 981736199