O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesional da Construción (TPC), polo que a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construción na organización dunha xornada de prevención de riscos laborais denominada aula permanente que posibilita, si se cumpren os demais requisitos necesarios a tramitación da Tarxeta profesional da construción (TPC).

A dita xornada, de 8 horas de duración, terá lugar o vindeiro 23 de marzo no Centro de Iniciativas Empresariais (pegado ó centro de saúde de Camariñas) en horario de 9:00 – 14:00 e de 15:00 – 18:00. As persoas destinatarias son desempregados e desempregadas con experiencia no sector da construción ou que aspiren a traballar no dito sector, empregados e empregadas do sector da construción e autónomos/as do sector da construción. A tódalas persoas asistentes se lles entregará un diploma.

A data límite para anotarse na xornada será o 12 de marzo. É obrigatorio realizar unha preinscrición e entregar documentación.

Ó mesmo tempo dende a Axencia de Desenvolvemento Local se recollerá a documentación para facilita-la tramitación da tarxeta profesional da construción pola Fundación Laboral de la Construción de todas aquelas persoas que cumpran os requisitos necesarios para solicitala.

Para máis información e preinscricións dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas sita na Casa de Pedra, 981737004 de luns a venres de 8:00 – 15:00.

Engadir un comentario