5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Nota de prensa que nos envían dende o Concello de Camariñas e que trata da reunión que se realizará este martes 2 de febreiro cun representante do GDR da Costa da Morte e que tratará de explicar as novas liñas de subvencións do Programa Leader.

NOTA DE PRENSA XUNTANZA INFORMATIVA LEADER EN CAMARIÑAS

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas
 

O vindeiro martes 2 de febreiro, ás 8:30 da tarde, no salón de actos da Casa de Pedra de Camariñas terá lugar unha xuntanza informativa sobre as  subvencións a fondo perdido de ata o 75% do Programa Leader para empresas, emprendedores e asociacións. A condición para poder solicitalas é que o proxecto sexa novedoso e que o investimento non estea iniciado.

Estas axudas pódense solicitar ata o 9 de setembro de 2013, aínda que se irán concedendo antes de esa data. O encargado de informar sobre as subvencións e de aclarar as dúbidas sobre o tipo de proxectos que se poden solicitar e a tramitación será José Antonio Vila, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural da Costa da Morte con sede no Edificio de Usos Múltiples A Torre de Vimianzo, onde téñense que presentar as solicitudes e compulsar a documentación necesaria.

Para solicitar máis información sobre esta e outras subvencións, pódese acudir á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, situada na Casa de Pedra, ou chamar ao teléfono 981 73 70 04.


 

Engadir un comentario