5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

O Concello de Camariñas por medio da súa Concellalía de Servizos Sociais está a desenrolar uns obradoiros nos centros educativos do concello para mellorar as técnicas de estudio dos rapaces e rapazas.

Image

O Concello de Camariñas a través da Concellería de servizos sociais, igualdade e saúde, está levando a cabo unha serie de obradoiros de técnicas de estudo nos centros escolares do noso concello. Con estes obradoiros preténdese dar a coñecer e/ou mellorar os métodos de estudo que os alumnos do 3º ciclo de primaria deben ter de cara a  crear hábitos na súa labor educativa.

Os temas que se traballan son:

- factores que inflúen no estudo.
- método de estudo
- mellora da velocidade lectora
- mellora da comprensión lectora
- subliñado
- esquemas e tipos de esquemas.
- resumo
- preparación e presentación dun traballo.

Os obradoiros divídense do seguinte xeito:

- “ obradoiros de mellora da lectura” para os alumnos de 5º de  primaria estanse realizando no CEIP O Areal  de Camariñas os días 19 e 26 de Xaneiro e 2 e 9 de febreiro .No CEIP de Ponte do Porto terán lugar os días 11 e 25 de febreiro e 4 e 11 de marzo. Cun total de 42 rapaces e rapazas.

-“Obradoiro de subliñado, esquemas e resumo” para alumnos de 6º de primaria dos dous centros.
Empezaron o día 18 de xaneiro no CEIP de Camariñas e seguiran os días 8, 22 e 1 de marzo . Cun total de 28 participantes en Camariñas e 21 na Ponte do Porto . Neste centro celebrarase os días 18,22 e 25 de febreiro e 1 de marzo.

Así mesmo no IES Pte do Porto, estase a colaborar na materia de proxecto interdisciplinar do alumnado  de 1º da ESO. A Educadora do concello xunto co profesor deste campo están fomentando o afianzamento da busca de información, subliñado, resumo, esquema e presentación dun traballo.

Mª Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde
Concello de Camariñas


Engadir un comentario