- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 09 Decembro 2009 09 Decembro 2009

O Concello de Camariñas
continúa coa campaña de minimización de residuos que foi iniciada en setembro e
cofinanciada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
na que se desenvolveron diferentes actividades de sensibilización e
concienciación para a población de Camariñas.
O 9 de decembro comeza a
campaña de recollida de aceites domésticos en colaboración coa empresa de
recollida PROTECION MEDIOAMBIENTAL SL (PMA) e cinco supermercados do Concello.
Dende hoxe nos supermercados
de Aliprox e Froiz de Camariñas, Leis de Ponte do Porto e os Super da Fonte e
Tenda de Ultramarinos de Pastora de Camelle atoparanse uns contenedores para
recollida dos aceites domésticos mellorando con este servizo a recollida e
reciclaxe deste líquido.
Aquelas empresas
(supermercados, tendas, bares, restaurantes etc.) que desexen participar nesta
campaña e contar co servizo de recollida de aceite doméstico, poden contactar
coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas na Casa de Pedra
situada na Praza de Insuela S/N, no telefono 981 73 70 04 ou no enderezo
electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Os días 23 e 24 de decembre tamén
desenvolverase en Camariñas un concurso-xincana
para rapaces e rapazas entre 7 e 14 anos onde desenvolveranse probas
relacionadas coa minimización de residuos e o consumo responsable. Os premios
serán un MP4 de ultima xeración para @s gañad@s en primeiro e segundo posto
así como obterán un USB de agasallo as 13 persoas finalistas.
Aqueles nenos/as que
desexen participar terán que inscribirse previamente na Casa de Pedra do
Concello de Camariñas, tamén atoparán as follas de inscrición e máis
información na web municipal www.camarinas.net
e no blog http://residuosma.blogspot.com.
María Jiménez Sánchez
Concello de Camariñas (A Coruña)
Praza da Insuela s/n
Telf: 981 73 70 04 Fax: 981 73 61 99
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.camarinas.net